Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 2015 Páx. 10940

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de exposición pública sobre a lincenza de apertura de taller de reparación de vehículos (rama mecánica) por Tramagasa, S.A.

Téndose solicitado por Tramaga, S.A. representada por María Jesús Pérez Bamio licenza de apertura para desenvolvemento de actividade de taller de reparación de vehículos (rama mecánica) que se situará na estrada Redondela-Peinador, 77 B, Millarada, Vilar de Infesta, Redondela (Pontevedra), de conformidade co disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por prazo de vinte (20) días hábiles contados desde o seguinte ao da inserción deste anuncio no último periódico oficial no que se publique (Diario Oficial de Galicia ou Boletín Oficial da provincia) para que durante este tempo poida examinarse o expediente no Servizo de Urbanismo (negociado de actividades) do concello, por aquelas persoas que dalgún xeito se sintan afectadas pola actividade que quere establecerse e poidan formular, por escrito, as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Redondela, 26 de xaneiro de 2015

Javier Bas Corugeira
Alcalde