Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 2015 Páx. 10893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convoca a asemblea para a constitución da xunta xestora do monte de varas Foral de San Pedro de Cartelle.

De conformidade co establecido no artigo 45.3 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, convócase para o día 18 de abril de 2015, ás 16.00 horas en primeira convocatoria, e ás 17.00 horas en segunda convocatoria, a asemblea para a constitución da xunta xestora do monte de varas Foral de San Pedro (Cartelle), que terá lugar na antiga escola de San Pedro, no concello de Cartelle, e de acordo coa seguinte orde do día:

1. Acordo de constitución da xunta xestora e aprobación de estatutos.

2. Elección dos membros integrantes da xunta xestora.

3. Autorización da xunta xestora para a realización dos actos de administración ordinaria e extraordinaria, xestión e goce do monte e de todos os seus produtos, a alienación de toda clase de aproveitamentos forestais, enerxéticos e mineiros e a elaboración para a cal están habilitados os propietarios de acordo coa lexislación forestal. Ademais, poderán realizar contratos coa administración, salvagardando sempre os dereitos de todos os propietarios.

4. Rogos e preguntas.

A información relativa á dita asemblea estará dispoñible, para consulta, no despacho do avogado Félix Menor Fernández, sito na rúa do Paseo, 27, baixo, de Ourense (relación de partícipes do monte Foral de San Pedro de Cartelle, documentación acreditativa da natureza xurídica do dito monte, modelo de estatutos, modelo de presentación de candidaturas).

Presentación de candidaturas para a constitución da xunta xestora:

• Prazo: ata o 3 de abril de 2015.

• Lugar de presentación: despacho do avogado Félix Menor Fernández, sito na rúa do Paseo, 27, baixo, de Ourense.

De conformidade co establecido no artigo 45.5 da citada Lei 7/2012, a xunta xestora estará composta por un número impar de persoas, todas elas coa condición de propietarios, cun mínimo de tres e un máximo de sete.

Ourense, 26 de febreiro de 2015

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense