Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 2015 Páx. 10892

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 24 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral do Mar, pola que se notifica a resolución do procedemento declarativo de reintegro da axuda socioeconómica da prima non renovable a Faly Ndiaye.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselle a:

– Faly Ndiaye a resolución do procedemento declarativo de reintegro en relación coa axuda socioeconómica da prima non renovable ao abeiro da Orde do 6 de maio de 2010 (DOG núm. 94, do 20.5.2010).

Contra esta resolución poderase interpor recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes ou recurso contecioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

O expediente que se relaciona a continuación está á disposición do interesado na Secretaría Xeral do Mar, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Número de expediente: PE113D 2010/81-0.

Nome: Faly Ndiaye.

NIF: X8822173V.

Embarcación: Ancrisu.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2015

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar