Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 2015 Páx. 10926

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2015, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes VP-C 3/15 e VP-C 4/15.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto adoptouno a Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Coruña.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2-andar 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 24 de febreiro de 2015

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 3/15.

Denunciada: Mª Elena Castro Pazos.

VP-C 4/15.

Denunciada: Obras y Reformas Gabeiras, S.L.

Acto notificado: acordo de incoación de procedemento sancionador en materia de vivenda.