Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 2015 Páx. 10927

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración sucesiva de todo o material necesario para a realización das técnicas analíticas de identificación e antibiograma e sistema para identificación bacteriana e funxicida por espectrometría de masas no laboratorio de microbioloxía (expediente MS-EIP1-14-014).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde (Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: MS-EIP1-14-014.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo de subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de todo o material necesario (reactivos, controis, funxibles, etc.) para a realización das técnicas analíticas de identificación e antibiograma e sistema para identificación bacteriana e funxicida por espectrometría de masas no laboratorio de microbioloxía, incluíndo a cesión dos equipos necesarios e o mantemento destes no laboratorio de microbioloxía da Estrutura de Xestión integrada de Pontevedra e O Salnés.

c) Lote: único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 33696400-9.

e) Medio da publicación do anuncio da licitación: DOUE, BOE e DOG.

f) Data da publicación do anuncio de licitación: 31.7.2014, 19.8.2014 e 13.8.2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 729.696,00 euros.

5. Orzamento base da licitación:

a) Importe neto: 304.040,00 euros.

b) Importe total: 334.444,00 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 29 de outubro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 27 de novembro de 2014.

c) Contratista: Biomerieux España, S.A. (CIF: A28664589).

d) Importe ou canon de adxudicación:

• Importe neto: 280.181,15 euros.

• Importe total: 308.199,27 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Pontevedra, 27 de xaneiro de 2015

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés