Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 2015 Páx. 10925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 23 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lle notifica á persoa interesada a proposta de resolución do expediente sancionador ES-P-0018/14.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada a notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada a proposta de resolución do expediente sancionador que se indica no anexo.

Pontevedra, 23 de febreiro de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Interesado: Luis Miguel Martínez Blanco.

Expediente: ES-P-0018/14.

Último domicilio coñecido: rúa Alameda, nº 14-planta 6, Pontevedra.

Indicación do contido: notifícaselle a proposta de resolución do procedemento sancionador ES-P-0018/14, na cal se propón unha sanción no seu grao mínimo de multa de 750 €, de acordo co disposto no artigo 108 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia.

Alegacións: a persoa interesada poderá formular alegacións, así como presentar os documentos ou xustificantes que considere convenientes, no prazo de quince (15) días contados desde a publicación. Así mesmo, poderán acceder ao contido do expediente depositado na sede provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia, nº 7-4º andar, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, de acordo co disposto nos artigos 3.1 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.