Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 2015 Páx. 10687

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 20 de febreiro de 2015 pola que se aproban as bases de subvencións a festivais de artes escénicas e de música e se convocan para o ano 2015.

Advertido erro na devandita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 40, do 27 de febreiro de 2015, cómpre corrixir o seguinte:

Na páxina 8346, na cláusula quinta, onde di: «Quedarán excluídos de subvención aqueles festivais que non alcancen un mínimo de 50 puntos nos criterios de valoración. Non terán dereito a recepción de axuda aqueles festivais que non alcancen, polo menos, 25 puntos na letra B da base décimo primeira (valoración do proxecto para o cal se solicita a subvención). Na programación do festival non poderán incluírse, en ningún caso, funcións contratadas a través da Rede galega de teatros e auditorios ou da Rede galega de música ao vivo»; debe dicir: «Quedarán excluídos de subvención aqueles festivais que non alcancen un mínimo de 50 puntos nos criterios de valoración. Non terán dereito a recepción de axuda aqueles festivais que non alcancen, polo menos, 25 puntos nas letras A.2 (para festivais de música) e B.2 (para festivais de artes escénicas), da base décimo segunda (valoración do proxecto para o cal se solicita a subvención). Na programación do festival non poderán incluírse, en ningún caso, funcións contratadas a través da Rede galega de teatros e auditorios ou da Rede galega de música ao vivo».