Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 2015 Páx. 10754

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Moncar Montajes Navales Cabral, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Moncar Montajes Navales Cabral, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral extraordinaria do 22 de outubro de 2014, no Rexistro Provincial de Cooperativas de Pontevedra. O seu novo domicilio social é rúa dos Carballos, nº 10, concello de Ponteareas, provincia de Pontevedra.

Vigo, 16 de febreiro de 2015

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo