Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 2015 Páx. 10752

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 11 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2014145TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 24 de outubro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2014145TA-OU, a Fernández Rodríguez, Jorge, DNI 36145787E propietario do Café Bar Tropical con domicilio na rúa Cervantes, 16, 32860 Entrimo (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no nº 5 do referido artigo, notifícase a Fernández Rodríguez, Jorge, DNI 36145787E propietario do Café Bar Tropical, o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo 15 días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 11 de febreiro de 2015

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador 2014145TA-OU.

Denunciado: Fernández Rodríguez, Jorge propietario do Café Bar Tropical.

DNI/NIF/CIF: DNI 36145787E.

Último enderezo coñecido: r/ Cervantes, 16, 32860 Entrimo (Ourense).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Precepto infrinxido: Lei 28/2005, do 26 de decembro.

Tipificación: grave.

Sanción proposta: oitocentos euros (800,00 €).