Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 2015 Páx. 10755

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de limpeza dos centros sociocomunitarios da provincia da Coruña.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial da Coruña.

c) Número de expediente: 116/2014.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza dos centros sociocomunitarios da provincia da Coruña.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 237, do 11 de decembro de 2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 71.000,00 euros. IVE (21 %): 14.910,00 euros. Importe total: 85.910,00 euros.

5. Formalización:

a) Data: 13 de febreiro de 2015.

b) Contratista: Limpiezas Salgado, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 69.400,00 euros. IVE (21 %): 14.574,00 euros. Importe total: 83.974,00 euros.

A Coruña, 20 de febreiro de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña