Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2015 Páx. 10551

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2015 pola que se notifica a resolución ditada nun expediente.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola por resolución notifícaselles aos interesados o contido da resolución, que figura como anexo, para que poidan ter coñecemento del.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. Advírteselles aos interesados que contra as resolucións, que esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela; Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2015

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG107.2014.1.162

Newpadelourense, S.L. (en constitución)

Axudas aos proxectos de creación de pemes ou de realización de investimentos en pemes novas promovidas por novos emprendedores, cofinanciadas polo Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (Galicia Emprende) (Resolución do 5 de decembro de 2013; DOG núm. 238, do 13 de decembro)

29.12.2014

Director xeral do Igape

Resolución de recurso de reposición