Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2015 Páx. 10549

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 25 de febreiro de 2015 pola que se notifica a imposición dunha terceira multa coercitiva, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición (expediente IU1/30/2011-C1).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 17 de novembro de 2014, resolución pola que se impón unha terceira multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/30/2011, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 18.6.2012, 13.3.2013 e 16.4.2014, en que se lle ordena a demolición de dúas vivendas, dúas piscinas, parcelación urbanística e a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das actuacións, no lugar de Alborelle, s/n, parroquia de Soñeiro, no termo municipal de Sada, por resultar incompatibles co ordenamento urbanístico vixente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a María Marín García, en representación de Construcciones Alborelle, S.L., mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a devandita resolución.

Tendo en conta que, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección de la Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, a interesada pode interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística