A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 25 de novembro de 2014, resolución pola que se impón unha sétima multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística 107B2008/060-0, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 21.7.2009, 27.12.2010, 6.7.2011, 29.2.2012, 10.5.2013, 4.11.2013 e 14.3.2014, na que se ordena a reposición da execución de grandes movementos de terras, recheos e demolición dos muros de contención, con destrución de masa arbórea, cegamento de leitos fluviais e canalizacións e alteración da topografía natural dos terreos, apertura de novos camiños e dunha pista de terra de acceso pola parte sur da leira e demolición das edificacións e instalacións, no lugar de Penaloureira, parroquia de Rutis, no termo municipal de Culleredo, por resultaren incompatibles co ordenamento urbanístico vixente.
Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Santiago Sánchez Marín, Alicia Rodríguez Vázquez e Italhispania, S.L., mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase aos interesados a devandita resolución.
Tendo en conta que o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra esta resolución, os interesados poden interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2015
José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística