A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 26 de novembro de 2014, resolución pola que se impón unha primeira multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística 107B2005/037-0, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 9.3.2006 e 4.7.2007, na cal se lle ordena a demolición dunha vivenda unifamiliar na praia de Ver, no termo municipal de Pontedeume, por resultar incompatible co ordenamento urbanístico vixente.
Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a José Fernández Álvarez, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase ao interesado a devandita resolución.
Tendo en conta que o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección de la Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra esta resolución o interesado pode interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2015
José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística