Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2015 Páx. 10502

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 25 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifican as resolucións ditadas nos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente RA/M/2014/00117 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores instruídos por infraccións da normativa reguladora dos transportes terrestres, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinaren a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, definitivas na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición na que o demandante teña o seu domicilio ou no de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao do remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

As multas deberanse facer efectivas, coa clave 390001, por calquera dos seguintes medios:

– NCG Novagalicia Banco.

– BBVA: transacción 1316, NIF S1511001H.

– Banesto.

– http://www.cixtec.es/conselleria.

De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o disposto no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente

Número recurso

Matrícula

Denunciante

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

Precepto
infrinxido

Sanción
imposta

Resolución do recurso

PO-00295-O-2013

RA/M/2014/00117

0956-HCV/R-2397-BCG

Garda Civil 1525 W59971A

Logística y Transitarios Norte, S.A.

A manipulación do tacógrafo ou dalgún dos seus elementos, así como a doutros instrumentos ou medios de control que exista a obrigación de levar instalados no vehículo, co obxecto de alterar o seu funcionamento ou modificar as súas medicións.

15.10.2012; 22.05; AP-9; 94,500

Artigo 140.10 da LOTT

4.001 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

LU-00803-O-2012

RA/M/2014/00152

3783-FFK

Garda Civil 2704 I64330I

Logística y Transitarios Norte, S.A.

A carencia de follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos impresos obrigatorios que exista obligación de levar no vehículo.

15.4.2012; 12.55; AG-64; 55,00

Artigo 140.24 da LOTT

2.001 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

PO-02088-S-2013

RA/M/2014/00248

PO-0081-AZ

Policía Municipal 294477

Ibérica de Congelados, S.A.

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

11.4.2013; 10.25

Artigo 140.35 da LOTT

1.001 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

XC-02496-O-2013

RA/M/2014/00281

1361-HKH

Garda Civil 1500 C35644I

José Manuel Alba Fontán

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

19.6.2013; 17.41; SC-20; 2,2

Artigo 140.23 da LOTT

4.000 €

Desestimatorio, confirmando a sanción imposta