Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2015 Páx. 10165

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1489/2013).

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 1191/2011. Xulgado do Social número 5 da Coruña

Recorrente: Martagar, S.L.

Avogada: María Loreto Briones Amor

Recorrida: Mutua Galega de Accidentes de Traballo

Avogada: Sonsoles Sueiro Lemus

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Avogado/a: letrado/a Seguridade Social

Recorrida: Proycoga, S.A.

Políg. da Grela Bens, r/ Gembrinus, 7, 1º A Coruña

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 1489/2013 desta sección, seguido por instancia de Martagar, S.L. contra sobre recarga de accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Que con desestimación do recurso interposto pola empresa Martagar, S.L., confirmamos a sentenza que con data foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 5 da Coruña, e pola que se rexeitou a demanda formulada e se absolveu o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, os herdeiros de Manuel Maneiro Graña, a empresa Proycoga, S. A. e a Mutua Gallega.

Así mesmo, condenamos a parte recorrente a que polo concepto de honorarios satisfaga 800 € ao letrado da parte impugnada. E igualmente acordamos, de ser o caso, a perda do depósito constituído e o destino legal para a consignación efectuada (aval presentado).

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida dos catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma aos herdeiros de Manuel Maneiro Graña, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial