Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2015 Páx. 10169

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1899/2013).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 1899/2013 desta sección, seguido por instancia de Izar Construcciones Navales, S.A., Juan José Rodríguez Abuín contra o Fogasa, Navantia, S.A., empresa Feliciano Lorente, Auxiliar de Talleres Industriales Navales, Auxiliar de Construcciones de Buques, Innaval Sid, Reparaciones Navales, Montajes y Reparaciones Palmar Sid sobre outros dereitos Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

«Casación en unificación de doutrina: 28/15

Parte recorrente: Juan José Rodríguez Abuín

Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial María Isabel Freire Corzo

A Coruña, 18 de febreiro de 2015.

Únase o anterior escrito presentado polo letrado Fernando José Méndez Sanjurjo, en nome e representación de Juan José Rodríguez Abuín, ao recurso correspondente.

Considérase preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédeselle á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta Sala, facéndolle saber que os autos se encontran ao seu dispor na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o designase.

Requírase a recorrente para que achegue no momento de interposición do recurso certificación da sentenza que invoca con expresión da súa firmeza.

Así mesmo, comunícaselle á recorrente que non é necesario presentar o xustificante do ingreso das taxas xudiciais ao interpor o recurso, pois o recurso de casación para unificación de doutrina non está suxeito ao seu pagamento, segundo interpretación vinculante da Axencia Tributaria (consulta nº V3674-13).

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo de que a parte recorrida se poida opor á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Feliciano Lorente, Auxiliar de Talleres Industriales Navales, Auxiliar de Construcciones de Buques, Innaval Sid, Reparaciones Navales, Montajes y Reparaciones Palar Sid, na actualidade en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial