Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2015 Páx. 10023

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 12 de febrero de 2015 pola que se anuncia a contratación do servizo consistente na análise, o deseño, o desenvolvemento e a implantación dun sistema de información corporativo de xestión de fondos europeos da Comunidade Autónoma de Galicia (Fondos 1420), cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo Social Europeo (FSE), mediante tramitación documentalmente simplificada.

Advertidos erros na Resolución do 12 de febreiro de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 33, do 18 de febreiro, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 6.907, punto 4, onde di:

«Esta contratación está cofinanciada nun 80 % con fondos europeos (Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13, e con cargo ao Fondo Social Europeo (FSE). Así mesmo, con cargo á aplicación orzamentaria 06.A1.611A.640.0 do Cixtec»,

Debe dicir: «Esta contratación está cofinanciada nun 80 % con fondos europeos (Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 7, tema prioritario 85, e con cargo ao Fondo Social Europeo (FSE), eixe 5, tema prioritario 85). Así mesmo, con cargo á aplicación orzamentaria 06.A1.611A.640.0 do Cixtec».