Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2015 Páx. 10022

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 26 de febreiro de 2015, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador OU-S-10/2015, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a incoación do expediente sancionador OU-S-10/2015, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

Dispón dun prazo de quince días, para presentar, ante a instrutora do procedemento, alegacións, documentos e informacións que considere convenientes, así como propoñer que se practiquen os medios de proba de que pretenda valerse.

Expediente: OU-S-10/2015.

Titular sancionado: Ozbay Celik, Hava.

Establecemento: Baram Donek Kebab.

Domicilio: Paxaro, 1.

Localidade: Ourense.

Incoación: 6 de febreiro de 2015.

Precepto infrinxido: artigo 109.2.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Ourense, 26 de febreiro de 2014

Antonio Aguarón Turrientes
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense