Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2015 Páx. 10024

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2015, do Servizo de Consumo de Pontevedra, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia na citación con referencia 36R002/C-CPB-1/2015 dos expedientes 36R002/6724/2012 e 36R002/3240/2014.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo de Pontevedra, con enderezo na praza da Estrela, s/n, 7º andar, Edificio Administrativo da Xunta en Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a vernes.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 26 de febreiro de 2015

Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra

ANEXO

Citación: referencia 36R002/C-CPB-1/2015 (expedientes número 36R002/6724/2012 e 36R002/3240/2014).

Interesado: Juan Daniel Rodríguez Davila, con NIF: 36129284X (U.N.I.V.E.R.S. Grupo de Formación Superior y Laboral, S.L.).

Acto notificado: citación.