Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2015 Páx. 10007

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2015 pola que se anuncia a licitación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración dunha cabeza tractora adaptada para transportar os semirremolques para o apoio na xestión de emerxencias e tarefas de protección civil, no marco do proxecto Ariem 112 (asistencia recíproca interrexional en materia de emerxencias 112), cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa de cooperación transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Axencia Galega de Emerxencias.

2) Enderezo: rúa Roma nº 25-27, 1º.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4) Teléfono: 881 99 72 57.

5) Fax: 981 54 60 28.

6) Correo electrónico: mh.barrio.blanco@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22148

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante dende a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e da páxina web: http://www.axega112.org

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata o 23 de marzo de 2015 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AXGE.14.SU.020.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.

b) Descrición: adquisición dun vehículo cabeza tractora base para poder transportar con garantías ata calquera punto xeográfico da zona Ariem-112 un conxunto de semirremolques especialmente dotados e equipados para apoiar loxísticamente a intervención dos distintos servizos de emerxencia e protección civil no marco do proxecto Ariem 112 cofinanciado pola UE a través do POCTEP 2007-2013.

c) División por lotes e numero: non.

d) Prazo de execución: 5 meses desde a formalización do contrato.

e) Nomenclatura: CPA: 29.10.5 CPV: 34144000-8.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas. A pluralidade dos criterios de avaliación enuméranse e detállanse coas puntuacións e ponderación no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 69.350,17 €, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación: 83.913,70 €, IVE engadido.

6. Garantías exixidas: definitiva: 5 % do importe de adxudicación. IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 16 da folla de especificacións ou portada do prego de cláusulas administrativas.

c) Solvencia técnica: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 17 da folla de especificacións ou portada do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación das ofertas: ata as 14.00 horas do día 23 de marzo de 2015.

b) Modalidade de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF del licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas achegarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro Xeral da Axencia Galega de Emerxencias.

2. Enderezo: rúa Roma, 25-27, 1º andar, polígono das Fontiñas.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o indicado no punto 1 c) deste anuncio.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: a apertura, comprobación e avaliación separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar e do sobre B cos elementos da oferta avaliables de forma automática mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto nos pregos administrativos e na normativa de contratos do sector público.

b) Entidade e lugar: Axencia Galega de Emerxencias. Sala de Xuntas.

c) Enderezo: rúa Roma, 25-27, 3º andar, polígono das Fontiñas.

d) Localidade: Santiago de Compostela.

e) Data: a apertura do sobre B terá lugar en acto público. A data e a hora comunicarase coa antelación debida mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío de fax a cada un dos licitadores.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións.

a) Admítense melloras conforme o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) As ofertas tamén porán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberalle anunciar ao órgano de contratación mediante telegrama ou fax, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

c) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado de tradución oficial.

d) Forma xurídica de agrupación de empresas, se é o caso: Unión de Empresarios.

e) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Apertura e avaliación da oferta do sobre B: a apertura do sobre B realizarase en acto público na data e hora indicados. No caso de que o acto público de apertura das ofertas se modifique notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

g) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A e B así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.

h) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2015

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias