Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2015 Páx. 10012

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2015 pola que se anuncia a corrección de erros no prego de prescricións técnicas publicado mediante a Resolución do 25 de febreiro de 2015 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración de devasas de nivel 7 para a rede corporativa da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 18/2015).

Advertido un erro no prego de prescricións técnicas para a referida contratación, anunciada mediante a Resolución do 25 de febreiro de 2015 (data de envío ao DOUE), cómpre facer a seguinte corrección:

– Na páxina 7 do prego de prescricións técnicas, na epígrafe [51] do número 3.3.1 correspondente aos requirimentos relativos ás devasas, onde di:

«[51] Os dispositivos deben poder ser instalados en armarios de comunicacións estándar de 19’’, as dimensións físicas das devasas serán, como máximo, de dez (10) unidades de Rack (RU)».

Debe dicir:

«[51] Os dispositivos deben poder ser instalados en armarios de comunicacións estándar de 19’’, as dimensións físicas das devasas serán, como máximo, de dezaseis (16) unidades de Rack (RU)».

Esta corrección afecta o prazo de presentación de ofertas recollido no punto 8 da dita resolución.

Data do envío do anuncio de información adicional ou rectificativo ao Diario Oficial de la Unión Europea: 5.3.2015.

A data límite de obtención de documentación e información e da presentación de ofertas remata o 14.4.2015.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia