Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2015 Páx. 10005

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2015 polo que se notifica a resolución ditada en solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

A Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública ditou resolución pola que se declara desistido na súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia o interesado que se indica no anexo

Logo de tentar dúas veces a notificación da citada resolución, a través do servizo de Correos, no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificación, esta non se puido efectuar e foi devolta polo dito servizo por «non retirado» tras os dous intentos en que consta «ausente na repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do establecido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude do presente anuncio, notifícalle ao interesado que se indica no anexo a resolución antes referida.

O interesado pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Academia Galega de Seguridade Pública (rúa da Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a referida resolución, que non lle pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, un recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, conforme as previsións da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

A Estrada, 25 de febreiro de 2015

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Solicitante: Guillermo González García.

Acto notificado: declaración de desistencia na súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.