Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2015 Páx. 9729

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (72/2014).

Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia numero 5 de Vigo, fago saber que neste procedemento de divorcio seguido por instancia de Emilio Pérez de Quevedo fronte a Mercedes Ascaño Guzmán se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza nº 479.

Vigo, 2 de xullo de 2014.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 72/2014, sobre disolución de matrimonio por divorcio, en que actúa como demandante Emilio Pérez-Quevedo Montenegro, representado pola procuradora dos tribunais Carmen López de Castro e con asistencia letrada de Isabel Peña Rubio, contra Mercedes Ascaño Guzmán, declarada en situación de rebeldía procesual, con base nos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolución.

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. López de Castro, en nome e representación de Emilio Pérez-Quevedo Montenegro, contra Mercedes Ascaño Guzmán, declarada en situación de rebeldía procesual, estímoa e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes a esta declaración.

Non se fai especial imposición en canto ás custas.

En canto sexa firme esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, e déixese constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte (20) días desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

E encontrándose a demandada, Mercedes Ascaño Guzmán, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 18 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial