Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2015 Páx. 9782

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 13 de febreiro de 2015 pola que se notifica a orde de suspensión de obras ditada no expediente LUG/4/2015-S1, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 26 de xaneiro de 2015, resolución pola que se ordena a suspensión inmediata das obras que se executan en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dunha edificación de uso residencial de planta baixa así como na execución dun enlousado auxiliar do dito uso residencial no lugar de Esperido, parroquia de Noche, no termo municipal de Vilalba.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a Manuel Lamas Losada e Araceli Trinidad Iglesias, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben se non exercen o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, poderán interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2015

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística