Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2015 Páx. 9784

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 13 de febreiro de 2015 pola que se notifica o arquivamento do expediente de reposición da legalidade urbanística 107 B 2009/93-0, devolto polo órgano notificador por resultar o seu destinario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 16 de xaneiro de 2015, resolución pola que se arquiva o expediente de reposición da legalidade urbanística 107 B 2009/93-0, xa que as obras realizadas no lugar de Ponte da Pedra, na parroquia de Ponte Ambía, no concello de Baños de Molgas, consistentes na reconstrución dun antigo muíño, foron legalizadas mediante a obtención da pertinente autorización urbanística autonómica.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Tomás Alberto López Sobral, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2015

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística