Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2015 Páx. 9632

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 17 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se publica a resolución ditada no procedemento de baixa, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego, da entidade Renda Formación, S.L. (número de censo 36H00874).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a Renda Formación, S.L. a Resolución do 27 de xaneiro de 2015, da directora xeral de Emprego e Formación, ditada no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

«Número de censo: 36H00874.

Renda Formación, S.L.

Rúa Coruña, nº 50, baixo

36208 Vigo

Pontevedra

Logo de examinar a inscrición/acreditación da entidade Renda Formación, S.L., no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar,

Supostos de feito.

Primeiro. A entidade Renda Formación, S.L., B36890911, encóntrase inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, co número 36H00874, nas especialidades formativas seguintes:

Código especialidade

Descrición

Alta homologación

ADGF01

Inglés financeiro

24.1.2001

ADGI01

Inglés: atención ao público

24.1.2001

ADGI02

Francés: atención ao público

24.1.2001

ADGI03

Alemán: atención ao público

24.1.2001

ADGX01

Inglés: xestión comercial

24.1.2001

ADGX02

Francés: xestión comercial

24.1.2001

ADGX03

Alemán: xestión comercial

24.1.2001

ARGD01

Programas de retoque dixital e escaneamento de imaxes

24.1.2001

ARGD02

Deseño e modificación de planos

28.9.2001

ARGD03

Deseño mecánico de modelaxe

28.9.2001

ARGD30

Técnico auxiliar en deseño industrial

27.1.2006

ARGD40

Técnico auxiliar en deseño de interiores

27.1.2006

IFCI10

Programador de aplicacións informáticas

24.1.2001

IFCI40

Programador de bases de datos

28.9.2001

IFCI50

Administrador de sistemas operativos de redes locais

28.9.2001

IFCX02

Iniciación á rede internet

28.9.2001

Segundo. A Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo o 27 de outubro de 2014 requiriu a entidade Renda Formación, S.L., para os efectos de comprobar o cumprimento dos requisitos establecidos na normativa vixente para manter a condición de centro/entidade inscrito ou acreditado no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, a documentación prevista nos artigos 5 e 6 do Decreto 106/2011 e informouna de que, en caso de non achegar a documentación requirida, se proporía a súa baixa no antedito rexistro.

Terceiro. O 28 de outubro de 2014 devolveuse a notificación do requirimento por resultar descoñecido o centro no enderezo da rúa Coruña, nº 50, baixo, 36208 Vigo, Pontevedra.

Cuarto. O 9 de decembro de 2014 persoal técnico da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo visitou o centro Renda Formación, S.L. e comprobou que non existe o devandito centro na rúa Coruña, nº 50, baixo, 36208 Vigo, Pontevedra.

Quinto. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio, o 10 de decembro de 2014 a xefa territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo propón a baixa no Rexistro de Centros, Entidades de Formación de Renda Formación, S.L., con número de censo 36H00874, na rúa Coruña, nº 50, baixo, 36208 Vigo, Pontevedra, coas especialidades correspondentes, por non existir o dito centro no enderezo sinalado.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A competencia para resolver este expediente corresponde a directora xeral de Emprego e Formación, de conformidade co establecido no artigo 6.3 e no artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio.

Segundo. O artigo 8.1.a) do Decreto 106/2011, do 19 de maio, dispón que se poderá acordar a baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación en caso de incumprimento de calquera das obrigas previstas no artigo 7 deste decreto.

Terceiro. O artigo 7.1.a) do Decreto 106/2011, do 19 de maio, dispón que os centros e entidades de formación teñen a obrigación de manter as instalacións e a estrutura de medios sobre a base das cales se produciu a súa inscrición e adaptalas aos requisitos mínimos que en cada momento se exixan para cada especialidade acreditada ou inscrita.

Revisado o expediente, compróbase que Renda Formación, S.L., non mantén as instalacións e a estrutura de medios sobre a base das cales se produciu a súa inscrición na rúa Coruña, nº 50, baixo, 36208 Vigo, Pontevedra.

Cuarto. Tendo en conta que na tramitación do expediente se observaron as normas que para o efecto se establecen no Decreto 106/2011, do 19 de maio, e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Logo de ver o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, a Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, modificada pola Orde ESS/1726/2012, do 2 de agosto, pola que se desenvolve o antedito real decreto, o Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, o Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, o Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a demais normativa de xeral aplicación,

RESOLVO:

Dar de baixa a entidade Renda Formación, S.L., con número de censo 36H00874, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Notifíquese aos interesados esta resolución para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Traballo e Benestar no termo dun mes contado desde a súa notificación, de acordo co establecido no artigo 114, seguintes e concordantes, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro)».

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2015

Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación