Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2015 Páx. 9588

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da subministración dun equipamento de cromatografía líquida con detector de espectrometría de masas destinado ao Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun máximo do 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4) Teléfono: 881 99 51 74.

5) Telefax: 881 99 93 26.

6) Correo electrónico: contratacion.cmati@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 22038

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

b) Número de expediente: 6/2015 CA.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración dun equipamento de cromatografía líquida con detector de espectrometría de masas destinado ao Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.

c) Prazo de entrega: dous (2) meses de acordo co establecido na epígrafe F do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 38432200-4.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no número 6.6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares e na epígrafe L do seu cadro de características.

4. Valor estimado do contrato: 243.801,50 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 243.801,50 €. Importe total: 294.999,82 €. O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nunha porcentaxe máxima do 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 48.

6. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE: 12.190,08 €.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no número 6.6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares e nas epígrafes J e K do seu cadro de características.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 8 de abril de 2015, ás 19.00 horas.

b) Modalidade de presentación: a sinalada no número 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2) Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura de proposicións. O dito prazo ampliarase en quince (15) días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B e C.

10. Subcontratación: de acordo co establecido no número 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 27 de febreiro de 2015.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas