Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2015 Páx. 9587

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se empraza a interesada no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 457/2014.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, en relación co recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 457/2014, interposto por María Luz Vázquez Díaz e Génesis Seguros Generales, S.A., contra a desestimación por silencio administrativo da reclamación de responsabilidade patrimonial polos danos sufridos no vehículo matrícula 7194-CRJ, conducido por Emilio del Río Osorio, o día 4 de decembro de 2008, cando circulaba pola estrada LU-546, de Nadela a Monforte de Lemos, termo municipal de Sarria, á altura do p.q. 23, ao saír da vía e caer por un desnivel debido á deficiente sinalización das obras existentes na calzada, esta secretaría xeral técnica resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela.

A dita resolución de remisión do expediente intentouse notificar á UTE Sarria (Construtora Hispánica, S.A. e Obras y Construcciones Cortizo, S.L.), con último domicilio coñecido na rúa A Coruña, 29, 28020 Madrid, interesada no citado procedemento, sen que fose posible tal notificación.

Polo exposto, mediante a presente resolución emprázase para que poida comparecer como demandada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas