Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2015 Páx. 9595

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 6 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2014142TA-OU incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 19 de xaneiro de 2015, a xefa territorial de Ourense acordou a resolución do expediente sancionador 2014142TA-OU, incoado a Ángela Peralta, DNI Y1775677E, titular do Café Africa, con domicilio en Dtor. Fleming, 26 - (Galerías Unión Progreso, local 24) 32003 Ourense.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Ángela Peralta, DNI Y1775677E, titular do Café Africa, o contido do referido acordo de resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, recordándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, de Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de NCG Banco, S.A. (Novagalicia banco); en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 6 de febreiro de 2015

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 2014142TA-OU.

Interesada: Ángela Peralta, titular do Café Africa.

DNI/NIF/CIF: DNI Y1775677E.

Último enderezo coñecido: Dtor. Fleming, 26 (Galerías Unión Progreso, local 24) 32003 Ourense.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: douscentos euros (200,00 euros).