Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2015 Páx. 9003

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (622/2013).

No procedemento ordinario número 622/2013, seguido neste Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, ditouse a seguinte sentenza:

Sentenza.

En Vigo o 26 de setembro de 2014.

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo ordinario sobre reclamación de cantidade co número 622/2013, promovidos por FCE Bank PLC Sucursal en España, representada polo procurador Sr. Fernández González e asistida do letrado Sr. Etcheverría Hermida, contra Gráficas Pombal, S.L. e Marcos González Soto, en situación procesual de rebeldía.

Redolución:

Estimando integramente a demanda promovida pola representación de FCE Bank PLC Sucursal en España contra Gráficas Pombal, S.L. e Marcos González Soto, debo condenar e condeno o demandado a aboar á demandante a cantidade de 12.350,29 euros, máis xuros legais desde a interposición da demanda, e ao pagamento das custas procesuais.

Notifíquese ás partes.

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación, que deberá interpoñerse neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación, para a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, a comunidade autónoma, a entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente, sinalando no campo «concepto» a indicación «recurso» seguida do código «02 civil-apelación».

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo, a indicación «recurso» seguida do código «02 civil-apelación».

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Gráficas Pombal, S.L. e Marcos González Soto, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 17 de decembro de 2014

O/a secretario/a xudicial