Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2015 Páx. 9015

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (312/2014).

Execución de títulos xudiciais 312/2014

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 787/2013

Sobre: ordinario

Demandantes: Adolfo Montemuíño Vila, Alfonso Manuel Rodríguez Matías, Murilo Luiz Martins Sousa, Rogelio Rivas Castro, Lucrecia Arias Pinales, Concepción Espiño Liñares, María Claribel Martínez Ramírez

Avogada: Milagros Verde Crespo

Demandado: Ramón Carlín Couto, S.L.

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 312/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adolfo Montemuíño Vila, Alfonso Manuel Rodríguez Matías, Murilo Luiz Martins Sousa, Rogelio Rivas Castro, Lucrecia Arias Pinales, Concepción Espiño Liñares, María Claribel Martínez Ramírez contra Ramón Carlín Couto, S.L., sobre ordinario, se ditaron auto e decreto en data 11 de febreiro de 2015, cuxas partes dispositivas son do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza a favor da parte executante Adolfo Montemuíño Vila, Alfonso Manuel Rodríguez Matías, Murilo Luiz Martins Sousa, Rogelio Rivas Castro, Lucrecia Arias Pinales, Concepción Espiño Liñares, María Claribel Martínez Ramírez, fronte a Ramón Carlín Couto, S.L., parte executada, por importe de 29.289,42 euros en concepto de principal (Adolfo Montemuíño Vila 4.350,09 euros de principal e 610,2 euros de xuros de demora + Rogelio Rivas Castro 5.220,52 euros de principal e 732,3 euros de xuros de demora + Concepción Espiño Liñares 1.550,62 euros de principal e 217,51 euros de xuros de demora + María Claribel Martínez Ramírez 3.728,71 euros de principal e 523,04 euros de xuros de demora + Murilo Luiz Martins Sousa 4.470,52 euros de principal e 627,1 euros de xuros de demora + Lucrecia Arias Pinales 3.861,33 euros e 541,64 euros de xuros de demora + Alfonso Manuel Rodríguez Matías 2.504,52 euros e 351,32 euros de xuros de demora), máis outros 2.928,94 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a secretario/a xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e queda a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no que ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, a non ser a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco Santander, conta número 00493569920005001274, e deberá indicar no campo concepto “Recurso”, seguido do “código 30 Social-reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social-reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A secretaria xudicial»

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas, acordo:

Dar traslado a Adolfo Montemuíño Vila, Rogelio Rivas Castro, Concepción Espiño Liñares, María Claribel Martínez Ramírez, Murilo Luiz Martins Sousa, Lucrecia Arias Pinales, Alfonso Manuel Rodríguez Matías e o Fondo de Garantía Salarial co fin de que no prazo de quince días poida designar a existencia de novos bens titularidade da executada e, no caso contrario, declararase a súa insolvencia.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 186 da LPL. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta número 5076 aberta no Banco Santander, e deberase indicar no campo concepto a indicación de recurso seguida do “código 31 Social-revisión”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “Recurso” seguida do “código 31 Social-revisión”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos desta ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Ramón Carlín Couto, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial