Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2015 Páx. 9019

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (750/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento peza de medidas preventivas 11/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Castro Santiso contra Marcial García Guillín, sobre ordinario, se ditou auto o 22 de outubro de 2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva.

Acordo concretar o embargo decretado por auto do 28 de xullo de 2014 nos seguintes bens:

Participacións sociais da número 808.636 á 862.636, ambas inclusive, da entidade Urbanizadora de Bertamiráns, S.L. constituída en escritura notarial do 17 de decembro de 2010, inscrita na folla SC-45.482, tomo 123, folio 147, inscrición 1ª, do Rexistro Mercantil de Santiago de Compostela e achegadas ao capital social da empresa Marcial García, S.L. en virtude de acordo de ampliación de capital social que obra na inscrición sexta da folla SC 25-773 aberta á referida sociedade no Rexistro Mercantil de Santiago de Compostela.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Marcial García Guillín, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial