Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2015 Páx. 9032

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 16 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifican as resolucións ditadas nos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente RA/M/2013/00325 e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores instruídos por infraccións da normativa reguladora dos transportes terrestres, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinaren a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, definitivas na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio, ou no de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

As multas deberanse facer efectivas, coa clave 390001, por calquera dos seguintes medios:

– NCG Novagalicia Banco.

– BBVA: Transacción 1316, NIF S1511001H.

– Banesto.

– http://www.cixtec.es/conselleria

e, de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro.

E para que conste e sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente

Número recurso

Matrícula

Denunciante

Recorrente

Infración cometida

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

Precepto

infrinxido

Sanción imposta

Resolución do recurso

PO-00047-O-2013

RA/M/2013/00325

3497-GMF

Garda Civil 3601 Q92637T

Yutabo Internacional Trading, S.L.

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos coa MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

25.10.2012; 16.15; AP-9; 137,500

Art. 140.23 LOTT

4.000 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

XC-02962-O-2012

RA/M/2014/00032

3624-GPN

Garda Civil 1500 C-35644-I

Imperio Europeo Import Export, S.L.

O exceso de peso sobre a MMA superior ao 25 % en vehículos ata 12 toneladas. Exceso de peso superior ao 35 %.

4.10.2012; 9.45; AG-64; 39,500

Art. 140.23 LOTT

4.000 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

PO-00406-O-2012

RA/M/2014/00111

7703-BZV / V-10514-R

Garda Civil 3603 V93728C

Transportes C. Novoa e Hijos, S.L.

A carencia de follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos impresos obrigatorios que exista obrigación de levar no vehículo.

20.1.2012; 17.30; A-52; 281,3

Art. 140.24 LOTT

2.001 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

PO-01712-O-2012

RA/M/2014/00154

0613-CZJ

Garda Civil 3601 Q92637T

Travelling Stone, S.L.

Realizar transporte público de mercadorías, en vehículo pesado, carecendo de autorización.

15.5.2012; 8.45; N-550; 126

Art. 140.1.9 LOTT

4.601 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

PO-01826-O-2012

RA/M/2014/00160

2935-CSY

Garda Civil 3604 P03095B

Travelling Stone, S.L.

Realizar transporte público en vehículo pesado, carecendo de autorización por non realizar o seu visado regulamentario.

11.6.2012; 15.18; N-550; 129

Art. 140.1.2 LOTT

4.601 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

DX-00057-I-2013

RA/M/2014/00261

Axente de inspeción DX/003

Pedro Ruibal Costa

A negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección que imposibiliten total ou parcialmente o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñan atribuídas.

14.6.2013; 10.00

Art. 140.12 LOTT

4.001 €

Desestimación, confirmando a sanción imposta