Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2015 Páx. 8865

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 10 de febreiro de 2015 pola que se notifica o Acordo do 4 de decembro de 2014, mediante o cal se resolve o recurso de reposición do predio número 76 sito na Coruña, relativo ao proxecto 01327 (expediente 2013/000508).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a Rosalía Dubra Liñares o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 4 de decembro de 2014, mediante o cal se resolve o recurso de reposición do predio nº 76 sito na Coruña, relativo ao proxecto 01327, expediente 2013/000508, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i) 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2015

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 01327-enlace da terceira rolda coa Autovía AC-14 nas Lonzas. TM A Coruña.

Nº de expediente: 2013/000508.

Persoa que se notifica: Rosalía Dubra Liñares.

Expropiante: Concello da Coruña.

Expropiada: Rosalía Dubra Liñares.

Beneficiario: Concello da Coruña.

Predio nº: 76.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Valoración resolución do Xurado: 3.629,38 €.