Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2015 Páx. 8867

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 10 de febreiro de 2015 pola que se notifica o Acordo do 9 de outubro de 2014 que fixa o prezo xusto do predio número 22, sito en Pontevedra, relativo ao proxecto 01045 (expediente 2014/000531).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a hros. Marcelino Méndez Villanueva o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 9 de outubro de 2014, que fixa o prezo xusto do predio nº 22, sito en Pontevedra, relativo ao proxecto 01045, expediente 2014/000531, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2015

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01045-variante da PO-546 no termo municipal de Pontevedra entre O Regueiriño e a PO-11. Clave: N/PO/91.10.3.

Nº de expediente: 2014/000531.

Persoas que se notifican: hros. Marcelino Méndez Villanueva.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Expropiados: hros. Marcelino Méndez Villanueva.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Predio nº: 22.

Concello: Pontevedra.

Provincia: Pontevedra.

Valoración resolución do Xurado: 4.426,68 €.