Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 2015 Páx. 8338

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo da comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Fundación Valdegodos relativo á aprobación do incremento salarial para o ano 2013.

Visto o acordo polo que se aproba o incremento salarial para o ano 2013, que subscribiu a comisión negociadora da empresa Fundación Valdegodos, na reunión celebrada o 9 de novembro de 2012, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo

Esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO
Acta de acordo de modificación, para o ano 2013, do convenio colectivo laboral de ámbito provincial da empresa Fundación Valdegodos

I
Reunidos

Dunha parte, Miguel Blanco Álvarez, con DNI 76704229-B, e Félix Pérez Moral, con DNI 34991392-C, en calidade de representantes de Fundación Valdegodos, con CIF G32008732, domiciliado na r/ Manuel Pérez Barreiro, 52, 32348, Vilamartín de Valdeorras (Ourense).

Doutra parte, en representación dos traballadores:

– Pola Residencia Virgen de los Milagros:

Eliecer Carracedo Franco: 76704296-D.

Alejandro Barranco Fernández: 52886305-J.

Aurora García Candal: 76357912-M.

Francisca Trincado López: 76705000-K.

Raquel Nogueira Peral: 76708527-P.

– Pola Residencia de Quiroga:

Juan Luis González Fernández: 34248195-E.

María Isabel Rodríguez Rodríguez: 76615648-A.

Verónica Zamuz Soto: 34268844-V.

Carmen García Álvarez: 76624286-Q.

– Pola Residencia de Viana do Bolo:

Isabel Gago Páez: 76775351-V.

Avelino Pérez Gulias: 44481995-H.

– Pola Residencia La Natividad:

Pedro Lombardero Álvarez: 11397117-L.

– Pola Residencia Os Pinos:

Rosa María Barros Enríquez: 76716983-T.

Victorina Calvo Nogueira: 34954991-M.

– Pola Residencia O Mosteiro:

Gloria Díaz Castiñeira: 34989005-W.

María del Carmen García Yáñez: 76748006-L.

II
Manifestan

Que a representación da Fundación Valdegodos se reuniu cos representantes dos traballadores de todos os centros o día 30 de outubro de 2012 para presentar proposta de modificación, para o ano 2013, do convenio colectivo laboral de ámbito provincial da empresa Fundación Valdegodos. A proposta contén os seguintes puntos:

1. Incremento salarial do 1 % para o ano 2013.

2. Redución do número de días de libre disposición a que cada traballador ten dereito, cando a prestación do servizo abranga os 12 meses do ano natural, de 5 días a 2. Nos supostos en que a prestación de servizo sexa inferior a 12 meses, os días de libre disposición calcularanse de modo proporcional, a razón dun día por cada 182 días naturais de servizo ininterrompido.

Os representantes dos traballadores que asisten á reunión, tras informar o persoal dos respectivos centros, aceptan, por unanimidade, as propostas da empresa.

Ambas as partes, recoñecéndose mutuamente capacidade legal para este acto, alcanzaron un acordo, de conformidade cos seguintes:

III
Pactos

Primeiro. As partes aceptan e recoñecen as razóns económicas e produtivas expostas pola empresa, que xustifican a adopción das medidas que se concretan no seguinte acordo.

Segundo. No sentido do expresado no punto anterior, os representantes dos traballadores e da empresa acordan:

1. Dar conformidade ao incremento salarial dun un por cento (1 %) para o ano 2013.

2. Que o número de días de libre disposición no ano 2013, para cada traballador, sexa de dous (2). Nos supostos en que a prestación de servizo sexa inferior a 12 meses, os días de libre disposición calcularanse de modo proporcional, a razón dun día por cada 182 días naturais de servizo ininterrompido.

Lido o acordo e conformes co seu contido, as partes o asinan.

En Vilamartín de Valdeorras o nove de novembro de 2012