Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 2015 Páx. 8275

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos de Unións Agrarias-UPA.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que na Oficina pública de depósito dos estatutos de organizacións empresariais e sindicais da Consellería de Traballo e Benestar, se presentou certificación expedida pola secretaria de actas do IX Congreso Nacional Galego de Unións Agrarias-UPA, María Páez Pérez, onde se reflicten os acordos acadados o 11 e 12 de decembro de 2014 respectivamente, e que consiste na modificación dos estatutos da dita asociación.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: agricultores, gandeiros e propietarios forestais, calquera figura asociativa que democraticamente decidan pertencer a Unións Agrarias, e técnicos, titulados agrarios e forestais que exerzan actividades relacionadas coas explotacións agrarias.

– Asinantes: José Luis Fernández Celis (presidente) e María Páez Pérez (secretaria).

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social