Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 2015 Páx. 8276

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 28 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo do inicio de reintegro das axudas do Programa para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 22 de abril de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 79, do 28 de abril), relativa ao expediente TR341D 2010/2359-1.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, en virtude do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día coas citadas resolucións, requírense as persoas citadas no anexo para que, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, comparezan persoalmente ou debidamente representadas, no Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, 9-1º), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido daquelas, advertíndolles que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para facer as alegacións e achegar os documentos que xulgue máis convenientes aos seus intereses, nun prazo de quince (15) días hábiles que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2015

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: TR341D 2010/2359-1.

Nome: Alejandro Blanco Rodríguez.

Último enderezo coñecido: rúa Alfredo Brañas, 2, 5º A, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña.

Feito imputado: incumprimento de obrigas.

Precepto infrinxido: o artigo 17.1.a) da Orde do 22 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Contido da resolución: acordo do inicio do procedemento de reintegro da axuda.