Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 2015 Páx. 8278

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 29 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a resolución revogatoria da subvención de iniciativas emprendedoras e de emprego, regulada na Orde do 30 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 110, do 11 de xuño), relativa ao expediente TR340K 2014/172-1.

Intentada a notificación da devandita resolución revogatoria segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesada o contido da notificación que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Esta notificación pon fin á vía administrativa e contra ela pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9-1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2015

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente: TR340K 2014/172.

Sociedade: Nernoa, S.L.U.

CIF: B70396734.

Último enderezo coñecido: avenida Alcalde Manuel Platas Varela, 16 baixo A, 15141 Arteixo.

Tipo de axuda: subvención para o inicio da actividade.

Contido da resolución: revogación da subvención concedida.

Data da resolución: 17.12.2014.