Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 2015 Páx. 8274

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de disolución da Asociación Intersectorial de Autónomos, Profesionais e Artesáns de Ourense (Asiapa Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que se inscribiu a disolución da Asociación Intersectorial de Autónomos, Profesionais e Artesáns de Ourense (Asiapa Ourense) acordada pola Asemblea Xeral do 12 de decembro de 2014 na oficina central do Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito territorial: provincia de Ourense.

Especialidade subxectiva e de obxectivos: mellorar as actividades profesionais das persoas traballadoras autónomas, profesionais e artesáns dos distintos sectores da provincia de Ourense.

Especialidade funcional: poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas autónomas, profesionais e artesáns comprendidas no ámbito de aplicación da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo.

Asinantes da acta de disolución: Francisco Feliz Gudiña e Francisco José Feliz Otero.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social