Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 2015 Páx. 8159

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boimorto

ANUNCIO de licenza de actividade.

Juan Jesús Peteiro López solicitou desta alcaldía, en representación da sociedade Avícola Hermanos Peteiro, S.C., licenza municipal para instalación de estación de almacenamento de G.L.P. A-5 cun depósito aéreo de 4,88 m3, e instalación receptora para a subministración a unha granxa avícola, que se vai situar na Sobreira, Buazo, cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última inserción do presente edito no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Boimorto, 28 de xaneiro de 2015

Ana Ledo Fernández
Alcaldesa