Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 2015 Páx. 8160

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública do proxecto de expropiacións para a obtención de terreos para un aparcadoiro disuasorio en Ponte Pedriña.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 23.1.2015, acordou:

Primeiro. Iniciar o procedemento de expropiación, por taxación conxunta, do ben e dereito seguinte:

Ref. catastral

Situación

Titular

CIF-NIF

Enderezo titular

Superficie

Parte patrimonial de 15079A164000540000QY

Rúa Río Arriba

Agro de Varela

Santiago de Compostela

Adif

Q2801660H

R/ Hiedra 28036 Madrid

981,93 m2

Segundo. Someter o proxecto á información pública durante o prazo dun mes, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular, no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2015

P.D. (Decreto do 9.7.2014)
Teresa Gutiérrez López
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda, Rehabilitación e Cidade Histórica