Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 2015 Páx. 8158

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de aprobación do plan especial do servizo de tanatorio-crematorio.

A Xunta de Goberno local, na súa sesión do 12 de xuño de 2014, acordou aprobar inicialmente o plan especial de infraestruturas para instalación do servizo de tanatorio-crematorio, tramitado por instancia de Funeraria Mariano, S.L., o que se fai público durante o prazo dun mes, contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para os efectos das posibles alegacións que se consideren procedentes.

O expediente queda de manifesto, durante o prazo sinalado, no Servizo de Urbanismo deste concello.

Betanzos, 16 de xaneiro de 2015

José Ramón García Vázquez
Alcalde presidente