Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 2015 Páx. 8154

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2015 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de vixilancia respectuoso co ambiente (expediente 300/15).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servicios Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo, 36310.

• Teléfono: 986 81 35 56.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información:18.3.2015.

d) Número de expediente: 300/15.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de vixilancia para a Universidade de Vigo respectuoso co
ambiente.

c) Lugar de execución/entrega: todos os centros, edificios, instalacións e espazos pertencentes á Universidade de Vigo que aparecen mencionados no punto cuarto do prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: dous anos a partir do 1 de maio de 2015 ou desde o día seguinte a do formalización do contrato. Non obstante o contrato pode ser prorrogado anualmente por un máximo dous anos.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV:

• 50413200-Servizos de reparación e mantemento de instalacións contra incendios.

• 7971000-Servizos de seguridade.

• 7971100-Servizos de vixilancia de sistemas de alarma.

• 79714000-Servizos de vixilancia.

• CPA: 80.10.12. Servizos de gardas de seguridade. 80.20.10. Servizos de instalacións de seguridade.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no punto 16 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado do contrato: 2.476.000 €.

5. Importe de licitación: 1.238.000 €. IVE que se vaia soportar: 259.980 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): grupo: M; subgrupo: 2; categoría: D.

b) Solvencia económico financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican, respectivamente, nos puntos 10, 11 e 12 da folla de resumo de características.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 25.3.2015.

b) Modalidade de presentación: papel tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, planta baixa. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo, 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da
Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servicios Centrais, 2º andar. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente: 3.000 €.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 13.2.2015.

Vigo, 16 de febreiro de 2015

Por delegación (Resolución reitoral do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo