Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 24 de febreiro de 2015 Páx. 7823

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cuntis

ANUNCIO sobre a redacción do proxecto de mellora de 25 depuradoras.

1. Entidade adxudicadora:

a) Concello de Cuntis.

b) Domicilio: praza da Constitución, nº 4, Cuntis 36670 (Pontevedra).

c) Obtención da documentación: na Secretaría do Concello están á disposición os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas e o resto do expediente, e poderá solicitarse copia dos pregos no correo electrónico contratacion@cuntis.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de servizo.

b) Denominación: redacción do proxecto de mellora de 25 depuradoras do Concello de Cuntis.

c) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: procedemento aberto.

4. Prezo do contrato:

a) Valor estimado: 24.038,00 €.

b) IVE: 5.047,98 €.

c) Aplicación orzamentaria: 161-22706.

5. Valoración das ofertas. Criterios para a selección da oferta economicamente máis vantaxosa.

Todas as ofertas que resulten admitidas serán avaliadas cun máximo de 100 puntos da seguinte forma:

O prezo ofertado valorarase cunha puntuación máxima de 100 puntos, de acordo coa seguinte fórmula (a oferta máxima será 29.085,98 euros).

missing image file

Px = puntuación que se outorga á oferta económica (Ox) da empresa X.

QMB = Opoferta co prezo más baixo.

PMAX = máxima puntuación económica.

Qx = oferta da empresa X.

6. Garantías exixidas:

a) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

7. Solvencia. Solvencia económica: volume anual de negocios. Solvencia técnica: un certificado ou declaración responsable (no caso de empresarios) en que se acredite a prestación dun servizo similar, ademais dunha relación dos servizos prestados nos últimos cinco anos. Os requisitos de solvencia veñen especificados no prego.

8. Requisitos específicos do contratista: véxase número 8 do prego de cláusulas administrativas, aprobados pola Resolución da Alcaldía do 20 de xaneiro de 2015.

9. Presentación de ofertas:

a) Prazo: 15 días naturais contados desde o día seguinte á data da última publicación. O anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na plataforma de contratación da Xunta de Galicia.

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Cuntis, das 9.00 ás 13.30 horas, de luns a venres, sábado das 9.00 ás 13.00 horas, ou en calquera das formas previstas na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuntis, 22 de xaneiro de 2015

Antonio Pena Abal
Alcalde