Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 24 de febreiro de 2015 Páx. 7819

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2015 pola que se fai pública a formalización dos contratos dos expedientes 2014/CSUN1/000025 e 2014/CSUN1/000028, en cumprimento do establecido no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número de expediente: 2014/CSUN1/000025.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.usc.es/contratacion

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración, entrega e instalación dunha cámara de baleiro para a compresión do láser compacto de alta potencia (complementario ao expediente 2014/CSUN1/000004: «Desenvolvemento dun sistema de aceleración láser compacto de alta potencia mediante compra pública innovadora para o proxecto de investigación LaserPET».

c) Lote (de ser o caso).

d) CPV (referencia de nomenclatura): 42120000-6.

e) Acordo marco (se procede).

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede).

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: non procede.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: non procede.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Valor estimado do contrato: 115.000,00 €, IVE non incluído.

5. Orzamento base de licitación: 115.000,00 €, IVE non incluído.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 17.12.2014.

b) Data de formalización do contrato: 15.1.2015.

c) Contratista: Thales Optronique, S.A.S.

d) Importe ou canon de adxudicación: 115.000,00 €, IVE non incluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: construción dunha cámara de baleiro, no tempo requirido polo proxecto LaserPET, para integrar nun sistema láser 45TW que desenvolve a mesma empresa.

Este expediente está incluído no proxecto de investigación LaserPET, cofinanciado nun 80 % con fondos Feder do programa operativo Fondo tecnolóxico do Ministerio de Economía e Competitividade.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número de expediente: 2014/CSUN1/000028.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.usc.es/contratacion

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: adquisición dunha serie de material funxible (reactivos e material de laboratorio) con destino ao edificio CIMUS.

c) Lote (de ser o caso).

d) CPV (referencia de nomenclatura): 33696500-0, 38437000-7.

e) Acordo marco (se procede).

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede).

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: non procede.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: non procede.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Valor estimado do contrato: 195.000,00 €, IVE non incluído.

5. Orzamento base de licitación: 195.000,00 €, IVE non incluído.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 14.1.2015.

b) Data de formalización do contrato: 23.1.2015.

c) Contratista: PerkinElmer España, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación: 195.000,00 €, IVE non incluído. Este importe é aproximado e está calculado en función dos prezos unitarios establecidos na oferta da empresa para os tres anos de execución do contrato.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: non procede por tratarse dunha oferta exclusiva.

Este expediente está cofinanciado pola Axencia Galega de Innovación, o Ministerio de Economía e Competitividade e Laboratorios Dr. Esteve, S.A., segundo o convenio asinado o 18 de xullo de 2014. Referencia: IN853A2014/08.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2015

Por delegación (Resolución reitoral do 1 de agosto de 2011;
DOG do 18 de agosto de 2011)
José Manuel Villanueva Prieto
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela