Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 24 de febreiro de 2015 Páx. 7826

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública da addenda número 4 ao Convenio de Paradai.

Con data do 23 de decembro de 2014 asinouse entre o Concello de Lugo e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia a addenda número 4 ao Convenio de colaboración entre a antiga Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e este concello para a realización de obras de infraestrutura viaria no termo municipal de Lugo (Ponte Paradai-Serra de Meira. Fase 1ª), na cal se modifica a cláusula terceira deste, o que queda co seguinte teor literal:

«Cláusula terceira. Compromisos da Xunta de Galicia.

2. Financiar as obras segundo o proxecto, destinando para iso ata un máximo de tres millóns cincocentos cincuenta e sete mil seiscentos setenta euros (3.557.670,00 €) con cargo á partida orzamentaria 07.A1.512B.600.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, código de proxecto 2013-00007, distribuídos da seguinte forma:

Anualidade

Importe (€)

2012

12.934,79

2013

342.832,21

2014

1.442.386,84

2015

1.759.516,16

Total

3.557.670,00»

Conforme o previsto no artigo 237.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección de medio rural de Galicia, sométese a información pública durante o prazo de vinte días, durante o cal poderá ser examinado no Servizo de Urbanismo deste concello (rolda da Muralla, nº 197), e poderán presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 19 de xaneiro de 2015

P.D. (Decreto 13008312)
Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente