Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 2015 Páx. 7543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se acorda publicar as resolucións de cancelación das inscricións no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia por non ser posible a notificación persoal aos interesados (expedientes OU-2010/00162 e OU-2011/00090).

Ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e logo de intentar a notificación aos interesados que se indican a seguir sen que se puidese practicar, notifícase ás persoas que no anexo se mencionan que resolvo publicar por este medio que se ditaron resolucións de cancelación das inscricións no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, 79, 2º, 32004 Ourense.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 21 de xaneiro de 2015

Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Interesados

NIF

OU-2010/00162

Jesús Manuel Sanmartín Vázquez

34997830H

OU-2011/00090

María Liliana Márquez Carvajal

45162601P