Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 2015 Páx. 7542

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se acorda publicar o emprazamento para trámite de audiencia no expediente de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia por non ser posible a notificación persoal á interesada (expediente OU-2011/00364).

Ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e logo de intentar a notificación á interesada que se indica a seguir sen que se puidese practicar, notifícase á persoa que no anexo se menciona que, examinada a solicitude de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito presentada de xeito individual polo outro membro da parella, e de acordo co previsto no artigo 23.3 do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, na súa redacción dada polo Decreto 146/2014, do 13 de novembro, con esta data resolvo publicar por este medio o emprazamento para trámite de audiencia, co fin de proceder á oportuna resolución definitiva do expediente.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, 79, 2º, 32004 Ourense, para que poidan consultalo/s e formular as alegacións e xustificacións que consideren procedentes, durante un prazo de quince días desde a publicación desta resolución.

Unha vez transcorrido este prazo e á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.

O que se notifica de acordo coa normativa antes citada.

Ourense, 21 de xaneiro de 2015

Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Interesada

NIF

OU-2011/00364

Rafaela Cortés Piñeiro da Silva

FB030554